En decembro de 1955, no Colón tivo lugar a primeira proxección en Cinemascope.
A película exhibida foi Como casarse con un millonario, dirixida por Jean Negulesco e protagonizada por Marilyn Monroe e Lauren Bacall:
24/12/1955 (Las Riberas del Eo |
Un mes despois, tamén se proxectou no Colón La túnica sagrada:
La túnica sagrada (1953, Henry Koster), da 20th Century Fox, foi a primeira película da historia que se estreou en Cinemascope, aínda que a primeira que se producira con este novo sistema fora Como casarse con un millonario (1953, Jean Negulesco), que se estreou máis tarde.
Ao longo dos anos 50 e 60, foron moitas as películas en Cinemascope que pasaron polas pantallas do Colón e do Teatro:
14/01/1956 (Las Riberas del Eo) |

Actualmente, no anuncio do Colón aínda se pode distinguir lixeiramente a palabra Cinemascope:
O Cinemascope é un sistema que utiliza lentes anamórficas ou Hypergonar, inventadas polo francés Henri Chréstien.
Co Cinemascope, a imaxe comprímese durante a
gravación e descomprímese na proxección.
En canto ao audio, conta con catro pistas de
son, polo que a relación de aspecto redúcese lixeiramente, pasando de 2.66:1 a 2.55:1.
O principal problema deste sistema era que se producía
unha distorsión no centro da pantalla, que facía que a imaxe quedase aplastada.
Por este motivo, as películas en Cinemascope non tiñan demasiados primeiros
planos e se os había, situábanse nos laterais do encadre.
Nos anos 50, foron moitos os cines que se adaptaron
ao Cinemascope, xa que só era necesario adquirir unha nova pantalla e unha
lente para descomprimir a imaxe.