martes, 23 de julio de 2013

As meniñas de Saudade

En 1964, os equipos cinematográficos do Ministerio de Información e Turismo estiveron en Ribadeo para filmar ás gaiteiras do grupo Saudade. Tamén gravaron en Santa Cruz e no Parador de Turismo.

20/06/1964 (Las Riberas del Eo)

Saudade naceu da man dos irmáns Suárez Couto a principios dos anos 60. Foi o primeiro grupo de gaitas de Galicia, e probablemente de toda España, formado exclusivamente por mulleres.

(Foto: Facebook Ribadeo)

As meniñas de Saudade aparecen en diversos documentais e reportaxes. En 1964, foron gravadas en Betanzos para o documental Así es Galicia, dirixido por Santos Núñez.


Tamén apareceron no documental Galicia insólita, no NO-DO e nalgúns programas da TVG, como por exemplo, no Luar.

Saudade no Luar
(Foto: Facebook As meniñas da Saudade
merecen que Ribadeo teña unha rúa co seu nome)