sábado, 6 de julio de 2013

Vistavisión nos cines de Ribadeo

A finais dos 50 e principios dos 60, algunhas das películas que pasaron polo Colón e o Teatro estaban en Vistavisión:

31/12/1960 (Las Riberas del Eo)
14/04/1962 (Las Riberas del Eo)

De feito, en 1956, proxectouse no Colón a primeira película rodada en Vistavisión, Navidades Blancas, dirixida por Michael Curtiz e estreada en 1954:




28/01/1956 (Las Riberas del Eo)

O Vistavisión foi creado por traballadores da Paramount como resposta á invención do Cinemascope da man da 20th Century Fox.
A peculiaridade deste sistema é que o negativo non pasa pola cámara de forma vertical, senón horizontalmente. Ademais, proporciona unha gran nitidez e calidade de imaxe.
O número de perforacións por fotograma increméntase, pasando de 4 a 8, polo que a área de negativo empregada tamén é maior.
O Vistavisión non utilizaba lentes anamórficas que comprimisen a imaxe do negativo e a relación de aspecto podía variar, a gusto do exhibidor, entre 1.66:1 e 1.96:1.

Os cines tiñan que cambiar os proxectores para poder usar os negativos horizontais e como a maioría dos exhibidores non adaptaron os seus aparellos, a Paramount empezou a estrear as súas películas en Vistavisión, en reducción a 35 mm convecionais, sen que isto afectase á calidade da imaxe.

Nos anos 50, Hitchcock rodou en Vistavión algunhas das súas películas, como por exemplo, Vértigo e Con la muerte en los talones.
Na década dos 60, en Hollywood deixou de empregarse este sistema, que continuou vixente en moitos filmes europeos e xaponenes.
En 1977, George Lucas recuperou o Vistavisión para algunhas escenas de Star Wars pola súa gran calidade visual. Desde entón, é frecuente o seu uso en películas con escenas con efectos especiais, como por exemplo nas sagas de Indiana Jones, Harry Potter, Spider Man e Men in black, entre outras.