En 1961, pasaron pola pantalla do cine Teatro de Ribadeo algunhas películas do mestre do suspense, Alfred Hitchcock, como por exemplo, El hombre que sabía demasiado e Psicosis:
29/07/1961 (Las Riberas del Eo) |
ALFRED HITCHCOK (1899 - 1980)
Alfred Hitchcok foi un director e produtor de cine.
A súa carreira cinematográfica comezou en Gran Bretaña, onde dirixiu filmes como El jardín de la alegría (1925), a súa primeira película, e Chantaje (1929), a primeira película sonora da historia do cine británico.
En 1939, trasladouse a Estados Unidos, da man de David O. Selznick, productor de Lo que el viento se llevó (1939).
O seu primeiro traballo en Hollywood foi Rebeca (1940), gañadora do Oscar á mellor película en 1940.
Ao longo da súa traxectoria, dirixiu máis de 50 películas, entre as que se atopan obras mestras como: La soga (1948), Extraños en un tren (1951), Crimen perfecto (1954), La ventana indiscreta (1954), Atrapa a un ladrón (1954), El hombre que sabía demasiado (1956), Vértigo (1957), Con la muerte en los talones (1959), Psicosis (1960), Los pájaros (1963), Marnie la ladrona (1964), Frenesí (1972), etc.
Tamén realizou algúns traballos para televisión, entre os que destaca a serie Alfred Hitchcock presenta.
Hitchcock foi un pioneiro no cine de suspense, innovador no uso da cámara e na montaxe e creador do Macguffin (elemento da película que fai avanzar a trama, pero que carece de importancia para a mesma. Por exemplo, os cartos que rouba Marion Crane ao principio de Psicosis).
Alfred Hitchcock |
Como curiosidade, hai que mencionar que Alfred Hitchcock adoitaba facer un cameo nas súas propias películas, aparecendo como extra ou nalgunha foto:
Hitchcock en Atrapa a un ladrón |
Hitchcock en Con la muerte en los talones |
Hitchcock en Los pájaros |