viernes, 30 de septiembre de 2016

Probas de cámara de Lois Patiño en Ribadeo

A principios deste mes de setembro, o cineasta Lois Patiño estivo realizando probas de cámara en puntos da costa ribadense como a praia das Illas, a Illa Pancha e Rinlo, para o seu próximo traballo: Tempo vertical, que se rodará en 2017. 
Entre a figuración que participou nas probas atópanse varias veciñas de Ribadeo.

11/09/2016 (La Voz de Galicia. A Mariña)

Segundo o propio Patiño, Tempo vertical "é unha traballo que explora o tempo de xeito moi atractivo. Trátase de ver como se experimenta e se sente o tempo na imaxe audiovisual". Ademais, na obra "aparecerán figuras estáticas e terá unha mínima estrutura de ficción que permite traballar a distintos niveis: o contemplativo, o conceptual e o narrativo".

Lois Patiño, cineasta e videoartista nacido en Vigo en 1983, forma parte do chamado Novo Cinema Galego, xunto con directores como Óliver Laxe, Marcos Nine, Eloy Enciso, Alberto García e Xacio Baño, entre outros.
Entre os traballos de Patiño, destaca o largo documental experimental Costa da Morte, premiado en numerosos festivais como o de Locarno (Suíza) en 2013.


Lois Patiño