sábado, 1 de octubre de 2016

Demolición do cine Colón

O pasado xoves 29 de setembro comezou a demolición do cine Colón, propiedade de Paisajes de Asturias desde o ano 2013.

30/09/2016 (El Progreso. A Mariña)
30/09/2016 (La Voz de Galicia. A Mariña)
30/09/2016 (El Progreso. A Mariña)

Desgraciadamente, o único que se conservará do edificio será a fachada de estilo art decó, protexida por Patrimonio e na que destacan as liñas xeométricas e a ventá en forma de ollo.
O novo inmoble albergará unha sala multiusos para celebrar eventos e un aparcamento subterráneo.

Estado da fachada (30/09/2016)
Parte traseira do cine (30/09/2016)
Detalle da parte traseira (30/09/2016)

Hai que recordar que o cine Colón, obra do arquitecto Alfredo Vila, foi inaugurado o 21 de agosto de 1949 e deixou de estar en funcionamento nos anos 70.


Foto: "Ribadeo, recuerdos de infancia", Amadeo Arango
(Outubro de 1949)