Este martes 6 de decembro, proxectouse unha vez máis en Ribadeo o documental A Chocolateira, dirixido por Xosé Reigosa.
06/12/2016 (La Voz de Galicia) |
O documental fai un percorrido pola liña ferroviaria que unía as minas de Vilaodrid con Ribadeo, onde se cargaba o mineral nos barcos. Aínda que orixinariamente o tren só transportaba mineral, a partir de 1905, comezou a levar tamén pasaxeiros, ata que no ano 1964 deixou de funcionar.
Esta proxección forma parte da Chocolateira, un proxecto impulsado polo Concello de Ribadeo e La Caixa e que trata de "involucrar a xente da nosa zona de forma sostible, respetando o medio ambiente e ensalzando a memoria do tren mineiro".
Ademais da proxección do documental, o programa de actos tamén inclúe unha exposición na antiga oficina de turismo (do 3 ao 11 de decembro), unha ruta de senderismo e unha intervención urbana de kniting.