O Concello de Ribadeo, xunto con outros dez concellos (Baña, a Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Santiago, Teo e o Grove) e as tres Universidades galegas (a de Coruña, a de Vigo e a de Santiago), convocaron o concurso Youtubeir@s.
02/12/2016 (La Voz de Galicia) |
Este concurso de vídeos na rede ten dúas categorías dotadas cun premio de 1000€ cada unha: Vídeo-opinarmos (para expoñer unha opinión) e Vídeo-Facermos (de titoriais). Tamén haberá catro premios de 500€, cos que se premiará a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica e a calidade lingüística.
Os Concelleiros de Cultura presentando Youtubeir@s 02/12/2016 (La Voz de Galicia) |
Entre o 1 de decembro deste ano e o 28 de abril de 2017, todas aquelas persoas maiores de 14 anos que queiran inscribirse poderán facelo a través da súa páxina web.
O principal obxectivo de Youtubeir@s é fomentar a creación de vídeos en galego e aumentar a presenza da nosa lingua na rede.
O xurado do concurso está formado por Manolo González, María Lado, Manuel Núñez Singala, María Yáñez e Pablo Lamosa.