O pasado 5 de abril proxectouse no Cine Teatro a película Léolo, dirixida por Jean-Claude Lauzon.
Esta película forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que este mes está dedicado ao drama.
Cartel deseñado por Roberto Martínez |
Léolo (1992) Jean-Claude Lauzon
Léolo é un neno que vive nun barrio humilde de Montreal, atrapado nunha sórdida existencia. Cada noite intenta evadirse por medio dos recordos, soños e da súa desbordante imaxinación, pero a realidade familiar interrompe as súas fantasías: ten un pai obsesionado pola saúde intestinal, un irmán culturista, dúas irmás con trastornos mentais, un avó ao que ninguén presta atención e unha nai enorme que domina o microcosmos familiar.