Cando o 16 de outubro de 1926, Walt Disney fundou o seu estudio, as curtametraxes animadas tan só servían como complemento das proxeccións das películas, aínda mudas e en branco e negro. 
Nos anos 30, Disney comezou a realizar curtas con son e cor, transformando o cine animado nunha forma artísica máis, á vez que instalaban as bases dunha nova forma de entretemento. 
Foi en 1937 cando a compañía estreou a súa primeira longametraxe: Blancanieves y los siete enanitos. A pesar disto, en Ribadeo houbo que esperar ata 1945 para atopar as primeiras referencias documentadas sobre o universo Disney, coa estrea de Pinocho (1940) no Cine Teatro:
|  | 
| 14/10/1945 | 
Nos anos 40, realizáronse algúns clásicos como Fantasía, Dumbo, Bambi ou Los tres caballeros, proxectada no Teatro en 1948 e na que aparece o pato Donald.
 
|  | 
| 14/03/1948 | 
Nos anos 50, nos cines ribadenses proxectáronse moitas das curtas de Disney, que servían de complemento ás películas, xunto co NO-DO e con outras pezas cómicas ou animadas. Algunhas destas curtametraxes estaban protagonizadas por Mickey Mouse, creado o 18 de novembro de 1928 e que pronto se converteu no emblema de Disney.
|  | 
| 25/11/1951 | 
|  | 
| 02/12/1951 | 
|  | 
| 21/09/1952 | 
|  | 
| 28/09/1952 | 
 
|  | 
| 05/10/1952 | 
 
|  | 
| 20/09/1953 | 
|  | 
| 01/11/1953 | 
|  | 
| 05/07/1953 | 
|  | 
| 07/12/1953 | 
|  | 
| 12/12/1953 | 
|  | 
| 15/11/1953 | 
|  | 
| 21/06/1953 | 
 
|  | 
| 29/11/1953 | 
|  | 
| 24/10/1954 | 
|  | 
| 06/11/1955 | 
|  | 
| 15/05/1955 | 
|  | 
| 16/09/1956 | 
|  | 
| 21/10/1956 | 
|  | 
| 30/09/1956 | 
|  | 
| 19.09.1954 (La Comarca del Eo) | 
 
La Cenicienta, clásico de Disney de 1950, proxectouse no Cine Teatro en 1953:
 
|  | 
| 26/04/1953 (La Comarca del Eo) | 
|  | 
| 03/05/1953 | 
|  | 
| 10/05/1953 | 
Outra das películas máis coñecidas, Alicia en el País de las Maravillas, data de 1951, aínda que non chegou á pantalla do Cine Teatro ata 1954:
|  | 
| 09/10/1954 | 
|  | 
| 10/10/1954 | 
 
Ese mesmo ano, tamén se proxectou La isla del tesoro (1950), a primeira película de Disney feita totalmente con imaxe real: 
|  | 
| 18/07/1954 | 
|  | 
| 27/06/1954 (La Comarca del Eo) | 
En 1955 a compañía inaugurou o seu primeiro parque temático, Disneyland, en California. E en abril dese ano, Peter Pan (1953) puido verse no Cine Teatro.
 
 
|  | 
| 24/04/1955 | 
20.000 leguas de viaje submarino, gañadora de 2 premios Oscar, foi proxectada no Cine Teatro en 1957, tres anos despois da súa estrea:
 
|  | 
| 06/01/1957 | 
Outro filme de imaxe real, David Crockett, rey de la frontera (1955), chegou ao Colón en 1958:
 
|  | 
| 07/12/1958 | 
Ese ano e tamén no Colón, estreouse outro dos grandes clásicos de Disney: La dama y el vagabundo (1955), que volveu á carteleira do mesmo cine uns anos despois:
|  | 
| 18/01/1958 | 
|  | 
| 19/01/1958 | 
|  | 
| 17/01/1960 | 
As películas Disney de imaxe real seguiron estando moi presentes nos cines ribadenses a principios dos 60:
|  | 
| 18/12/1960 | 
 
|  | 
| 31/12/1961 | 
No Colón proxectouse La pradera, tamén chamada La desaparición de las praderas (1954), un curioso documental de natureza co que Disney gañou un Óscar en 1954:
|  | 
| 03/12/1961 | 
|  | 
| 26/11/1961 | 
A princesa Aurora, protagonista de La Bella Durmiente (1959), deuse a coñecer entre o público ribadense en 1962:
|  | 
| 07/01/1962 | 
|  | 
| 14/01/1962 | 
 
En 1960, Disney estreou Los Robinsones de los mares del Sur e Polyanna, que non chegaron ás pantallas da nosa vila ata 1962: 
|  | 
| 20/10/1962 | 
|  | 
| 26/08/1962 | 
|  | 
| 18/08/1963 | 
Tú a Boston y yo a California (1961), conta a historia de dúas xemelgas separadas de pequenas tras o divorcio dos seus pais e que se atopan nun campamento de verán anos despois. A longametraxe, que acadou un gran éxito, proxectouse no Cine Teatro. Ademais, nos quioscos da nosa vila podían mercarse sobreciños Fher, con cromos de dita película e doutras como Bambi.
|  | 
| 09/02/1963 | 
|  | 
| 10/02/1963 | 
|  | 
| 26/12/1964 | 
 
En 1963, tamén se puideron ver obras máis descoñecidas como Nómadas del Norte (1961) e Piloto a la luna (1962): 
|  | 
| 20/10/1963 | 
|  | 
| 24/11/1963 | 
101 dálmatas (1961), outro dos grandes clásicos da factoría Disney, pasou por primeira vez pola pantalla do Teatro en 1963:
|  | 
| 24/02/1963 | 
A principios dos anos 60, a produción de filmes con imaxe real en Disney foi moi numerosa, o que se viu reflectido tamén nas carteleiras dos nosos cines:
|  | 
| 09/02/1964 | 
 
|  | 
| 05/09/1965 | 
|  | 
| 14/08/1965 | 
|  | 
| 22/08/1965 | 
|  | 
| 27/06/1965 | 
En xuño de 1965, Pinocho, que xa fora proxectado en 1945 como vimos ao comezo deste post, volveu ao Cine Teatro:
|  | 
| 27/06/1965 | 
O ano 1966, estivo marcado pola morte de Walt Disney, o que provocou o comezo dunha nova etapa na compañía. 
En Ribadeo, a finais dos 60 proxectáronse películas lembradas por todos como Mary Poppins e Dumbo, entre outras moitas, pero para velo con detalle haberá que agardar ata o seguinte post sobre Disney.