sábado, 17 de noviembre de 2018

Ribadeo e as curtas: Pensa, fálao. Vive!

Este venres 16 de novembro proxectouse no Cine Teatro a curtametraxe Pensa, fálao. Vive!, que mostra distintos exemplos de violencia machista a través de pequenas historias.



A curta, realizada polo Comité Lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, está protagonizada por profesoras e alumnas do centro.


Momentos da proxección

Despois da proxección, as artífices da obra compartiron co público reflexións sobre feminismo, a súa experiencia na rodaxe e detalles sobre todo o proceso de creación da obra.



Podedes ver a curtametraxe facendo clic aquí.