martes, 19 de febrero de 2019

La Lego Película 2 no Día mundial da síndrome de Asperger

O pasado luns 18, a Asociación Capaces, o Cine Ribadeo e o Concello organizaron unha sesión de cine en familia con motivo do Día mundial da síndrome de Asperger.
O filme proxectado foi a La Lego Película 2 e o prezo da entrada foi de 4'50€.


La Lego Película 2 (2019) Mike Mitchell e Trisha Gum

Despois de cinco anos de tranquilidade aparece unha nova ameaza: invasores de Lego Duplo do espazo exterior que destrozan todo sen que haxa tempo para reconstruílo. 
Emmet, Lucy, Batman e os seus amigos xuntan forzas para comezar unha batalla que os leva a mundos inexplorados.