Tomás Ares Pena, máis coñecido como Xan das Bolas, foi un actor nacido na Coruña en 1908.
Comezou traballando como cómico teatral e de variedades nos anos 30 e tras a Guerra Civil iniciou a súa carreira cinematográfica coa película Salomé (1940).
Ao longo da súa extensa traxectoria como actor secundario (participou en máis de 200 filmes) traballou xunto con grandes directores do cine español como Benito Perojo, Luis García Berlanga, José Luis Saénz de Heredia, Juan Antonio Bardem ou Ramón Torrado, entre outros moitos.
En televisión, participou no programa Crónicas de un pueblo e na serie El pícaro, de Fernando Fernán Gómez.
08/01/1956 (La Comarca del Eo) |
Un dos seus papeis máis destacados foi na película Botón de ancla (1947), onde interpretou ao cabo Trinquete, personaxe estereotipado que se repetiu na maior parte da súa filmografía: home de clase social humilde, cun nivel cultural baixo e un marcado acento galego co que acadou unha gran popularidade.
16/05/1954 (La Comarca del Eo) |
15/07/1956 (La Comara del Eo) |
Os días 3 e 4 de abril de 1943, Xan das Bolas estivo no Cine Teatro de Ribadeo presentando un espectáculo de variedades e sketchs musicais, nos que colaboraban outros artistas. Hai que recordar que nesta época combinaba o seu traballo teatral cos seus primeiros papeis no cine.
O sábado 3 representou o número Allá en el Rancho... "Cativo", con rancheras, bailes e música mexicana, mentres que o domingo 4 presentou De Cuba para la Habana.