A principios do ano 2017 rodáronse en Ribadeo algunhas secuencias da película portuguesa Bad Investigate, dirixida por Luís Ismael e estreada en xaneiro de 2018.
En Bad Investigate, Romeu, un subcomisario corrupto, contrata os servizos de Cid e Alex para atrapar a un perigoso delincuente, Xavier, que escapou de México e que se dirixe a Galicia buscando ao asasino do seu irmán.
As secuencias rodadas en Ribadeo poden verse cara ao final da película, cando os protagonistas chegan a Galicia, e estes son os lugares da nosa vila que aparecen:
- Interior e exterior da igrexa de Santa María do Campo:
- Porto de Porcillán:
- Praia das Catedrais:
- Outras localizacións, como a Taberna do Náutico, as escaleiras do ascensor panorámico, algunhas rúas ribadenses, unha casa particular, etc.
Ademais, a rodaxe da película contou coa participación dalgúns membros do grupo de teatro que aparecen como extras.