O pasado venres 10 de xaneiro chegou á carteleira ribadense a película Eroski Paraíso, dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron e protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira e Cris Iglesias.
14.01.2020 (La Voz de Galicia) |
O filme está baseado na obra de teatro homónima de Chévere, que se representou o ano pasado no auditorio municipal de Ribadeo.
Representación de Eroski Paraíso no Auditorio Hernán Naval |
Eroski Paraíso (2019) Jorge Coira e Xesús Ron
Antonio e Eva coñecéronse na discoteca Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva queda embarazada e uns meses despois, casan e nace Alejandra.
Alejandra medra e convértese nunha prometedora cineasta, polo que en 2019 volve a casa para filmar un documental sobre a vida dos seus pais. Pero Antonio e Eva agora están divorciados, levan tempo sen verse e a vella discoteca na que se coñeceron transformouse nun supermercado Eroski.