viernes, 20 de marzo de 2020

A triloxía de El padrino no cine Teatro

El padrino é unha triloxía de películas dirixidas por Francis Ford Coppola e baseadas na novela homónima de Mario Puzo.



El padrino estreouse en 1972 e estivo protagonizada por Marlon Brando e Al PacinoA película, considerada como unha das mellores da historia do cine, obtivo un enorme éxito en taquilla e gañou tres premios Oscar: mellor película, mellor actor e mellor guión adaptado.
Esta primeira parte da saga non chegou á pantalla do Cine Teatro ata outubro de 1976, catro anos despois da súa estrea.

26.09.1976
03.10.1976

El padrino (1972) Francis Ford Coppola

Don Vito Corleone é un respetado e temido xefe dunha familia da mafia neoiorquina dos anos 40. Ten catro fillos: Connie, Sonny, Fredo e Michael, que non quere saber nada dos asuntos do seu pai. 
Cando Corleone se nega a participar no negocio das drogas, o xefe doutra banda ordena o seu asasinato.
É así como comeza unha violenta e cruenta guerra entre as familias mafiosas.



El padrino. Parte II foi estreada en 1974 e, ao igual que a primeira, tamén contou coa presenza de Al Pacino. O reparto completouse con outros intérpretes como Diane Keaton, Robert Duvall, John Cazale e Robert De Niro, entre outros.
A película tivo unha gran acollida por parte do público e, a pesar de tratarse dunha secuela, tamén da crítica, chegando a gañar seis premios Oscar entre os que se atopaban o de mellor película e mellor director.
En Ribadeo, os espectadores puideron vela no Cine Teatro en outubro de 1976, tan só unhas semanas despois da proxección de El padrino.

17.10.1976

24.10.1976

El padrino. Parte II (1974) Francis Ford Coppola

Tras a morte de Don Vito Corleone, o seu fillo Michael convértese no cabeza de familia. Ao tener que negociar coa mafia xudía, perde o apoio dun dos seus homes, Frankie Pentageli.
Despois de escapar dun atentado, Michael trata de atopar ao culpable.



Houbo que esperar ata 1990 para que se estrease a última parte da triloxía, protagonizada por Al Pacino, Andy García e Diane Keaton, entre outros.
El Padrino. Parte III, que non gañou ningún dos Oscar aos que optaba, estreouse no Cine Teatro en maio de 1990.

11.05.1990

El padrino. Parte III (1990) Francis Ford Coppola 

Michael Corleone, herdeiro do imperio de Don Vito Corleone, intenta rehabilitarse socialmente e lexitimar todas as posesión da familia negociando co Vaticano. Despois de loitar toda a súa vida atópase cansado e centra as súas esperanzas en atopar un sucesor que se faga cargo dos negocios. Vincent, o fillo ilexítimo de Sonny, parece ser o escollido...