Óscar á mellor película nos cines de Ribadeo (1960 - 1969)
Ao longo dos anos, foron moitas as obras premiadas co Óscar á mellor película que se proxectaron nos cines ribadenses, como xa vimos anteriormente neste blog.
A cerimonia de entrega destes galardóns, concedidos pola Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de Estados Unidos, celébrase desde o ano 2002 no Dolby Theatre, anteriormente coñecido como Kodak Theatre e ubicado en Hollywood Boulevard.
Durante os anos previos non había unha sede permanente para os Óscar, que tiñan lugar cada ano nun teatro ou auditorio diferente.
En 1960, o RKO Pantages Theatre foi o lugar escollido para acoller os Óscar e a obra premiada coa estatuíña á mellor película foi Ben-Hur, dirixida por William Wyler e protagonizada por Charlton Heston.
23.12.1962
30.12.1962
18.07.1964
19.07.1964
26.07.1964
26.08.1973
El apartamento, de Billy Wilder, obtivo 10 nominacións aos Óscar en 1961 e gañou 5 deles, incluido o de mellor película. O filme, protagonizado por Jack Lemmon e Shirley MacLaine, proxectouse en 1965 no Colón.
25.04.1965
No ano 1962, o Óscar á mellor película foi para o musical West Side Story, protagonizado por Natalie Wood e Richard Beymer. En Ribadeo, o cine Teatro proxectouna en varias ocasións, anunciándoa como "a película dos 10 Óscar".
20.08.1967
03.09.1967
10.09.1967
16.12.1973
Nos seguintes anos, os filmes premiados foron Lawrence de Arabia (1963), Tom Jones (1964) e My Fair Lady (1965), pero non hai constancia da súa proxección en ningún dos cines da nosa vila.
Sonrisas y lágrimas, musical protagonizado por Julie Andrews, obtivo o Óscar á mellor película no ano 1966, aínda que non se estrenou no cine Colón ata xaneiro de 1968.
13.01.1968
14.01.1968
18.10.1970
En 1967 a película gañadora foi Un hombre para la eternidad, dirixida por Fred Zinnemann.
07.09.1969
En el calor de la noche, premiada co Óscar á mellor película en 1968, non se proxectou nos cines de Ribadeo.
En 1969, o Óscar foi para Oliver, dirixida por Carol Reed e baseada na novela Oliver Twist, de Charles Dickens.
Hai que destacar que este filme foi o último musical que obtivo o Óscar á mellor película, ata o triunfo de Chicago no ano 2003.
01.08.1971
08.08.1971
Na década dos 70, o peche do Colón e a forte presenza do cine do destape na carteleira do Teatro, provocaron que non fosen moitas as películas oscarizadas proxectadas en Ribadeo, como veremos proximamente neste blog.