lunes, 13 de abril de 2020

As proxeccións cinematográficas en Semana Santa durante o franquismo

En España, durante a ditadura franquista estaban prohibidas as representación teatrais e as proxeccións cinematográficas desde o xoves santo ata o domingo de resurrección, agás aquelas obras ou películas que polo seu carácter relixioso estaban expresamente autorizadas pola Dirección Xeral de Cinematografía e Teatro.
Algúns dos títulos autorizados durante aqueles anos son Imaginería castellana, Málaga en Semana Santa, Semana Santa en Valladolid, El beso de Judas, Camino de Santiago, etc.

Aquí podedes ver algúns dos anuncios que se publicaban todos os anos na prensa local para informar á xente:

16.03.1958
30.03.1958
22.03.1959
03.04.1960
19.03.1961
18.03.1962
31.03.1962
17.04.1965
17.04.1965

Por sorte ou por desgraza, na actualidade o único que nos pode impedir ir ao cine en Semana Santa é unha pandemia.