domingo, 6 de septiembre de 2020

6 meses sen cine en Ribadeo

O venres 13 de marzo, un día antes de que se aprobase a declaración do Estado de Alarma en todo o país, Cines Ribadeo anunciaba o seu peche "por precaución" ante a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.


Os cines en Galicia tiveron que permanecer pechados ata que o 25 de maio entramos na fase 2 e puideron reabrir co 30% do seu aforo, aínda que moitos decidiron non facelo, como foi o caso do de Ribadeo.

27.05.2020 (La Voz de Galicia)

28.05.2020 (La Voz de Galicia)

O 8 de xuño a nosa comunidade entrou na fase 3, na que se permitiu a mobilidade entre provincias, desapareceron as franxas horarias para saír a pasear e os cines podían estar en funcionamento sempre e cando non se superase o 50% do aforo

Coa nova normalidade, que comezou o 15 de xuño, a Xunta de Galicia anunciou que as salas de exhibición non deberían superar o 75% do seu aforo, pero a principios de xullo o brote de coronavirus na Mariña fixo que se impuxesen novas restricións nesta comarca, polo que Cines Ribadeo decidiu pospoñer a súa apertura. 



A día de hoxe Cines Ribadeo segue sen abrir e somos moitos e moitas as que agardamos poder volver pronto a ocupar as súas salas.

04.08.2020 (La Voz de Galicia)

Como curiosidade, esta é a entrada da última película que puiden ver no cine: Jojo Rabbit, na sesión das 23h do domingo 9 de febreiro. 


E ti, cal é a última película que viches en Cines Ribadeo?