Aínda que o Galaxia deixou de funcionar como cine en 1938, grazas a este anuncio de Las Riberas del Eo podemos ver que, case dez anos despois do seu peche, o edificio continuaba destinándose a outros usos:
 |
28/06/1947 (Las Riberas del Eo) |
Neste caso, o Galaxia foi un dos tres colexios a onde os ribadenses acudiron para votar no referéndum sobre a Lei de Sucesión celebrado o 6 de xullo de 1947.
Como curiosidade, aquí van unhas fotos dos resultados obtidos en Ribadeo, dun folleto propagandístico e dunha papeleta do censo:
 |
12/07/1947 (Las Riberas del Eo) |
 |
(Foto: Google) |
 |
(Foto: Google) |