miércoles, 19 de febrero de 2014

Vídeo fórum "O aborto, unha cuestión de liberdade"

Os días 10, 11 e 12 de febreiro de 2014, tivo lugar no Teatro de Ribadeo o vídeo fórum "O aborto, unha cuestión de liberdade", organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e a Concellería de Igualdade.


Este vídeo fórum formou parte dunha serie de actividades organizadas co obxectivo de cuestionar e poñer en entredito a reforma da Lei do aborto.

Axenda cultural febreiro - marzo 2014


As películas proxectadas foron:

Luns 10 de febreiro de 2014:

Las normas de la casa de la sidra (1999) Lasse Hallström
No orfanato de Saint Cloud, o doutor Wilbur Larch encárgase de realizar abortos ilegais, aínda que tamén trae ao mundo aos nenos non desexados.
Homer Wells é un deses nenos nacidos no orfanato e criado baixo a tutela do doutor Wilbur. Ao ir facéndose maior e converténdose nun home, Homer comeza a cuestionar os métodos do Dr. Wilbur, á vez que se da conta de todas as posibilidades que lle ofrece a vida.



Martes 11 de febreiro de 2014:

El secreto de Vera Drake (2004) Mike Leigh
Vera Drake é unha muller humilde que vive co seu marido e os seus fillos. Ela é limpadora e o seu home mecánico. Non teñen cartos, pero son unha familia unida e viven felices. Pero Vera ten un segredo: axuda a rapazas a practicar abortos, unha actividade ilegal na cidade de Londres nos 50.



Mércores 12 de febreiro de 2014:

4 meses, 3 semanas, 2 días (2007) Cristian Mungiu
Otilia e Gabita son estudantes e comparten habitación nunha residencia en Bucarest. Gabita está embarazada, pero non quere ter o bebé. Por este motivo, as mozas quedan con Mr. Bebe nun hotel barato, para que lle practiquen un aborto ilegal.



Pincha aquí para ver algunhas fotos das proxeccións.