martes, 29 de julio de 2014

Ribadeo e o cine: NOSFERATU

Durante o próximo mes de agosto, o ciclo Ollo de vidro estará dedicado ao cine clásico de terror. As proxeccións terán lugar todos os luns ás 22.30h nas escaleiras de Bustelo (na zona vella) ou na Casa da Xuventude en caso de mal tempo.

O primeiro filme proxectado foi Nosferatu, un clásico do expresionismo alemán dirixido por F.W. Murnau e baseado no Drácula de Bram Stoker.



Nosferatu (1922) F.W. Murnau

Na cidade de Wisborg viven felices Hutter e a súa muller Ellen, ata que o axente inmobiliario Knock decide enviar a Hutter a Transilvania para pechar un negocio do conde Orlok. Trátase da venda dunha finca de Wisborg, que linda coa casa de Hutter. Durante a longa viaxe, Hutter pasa a noite nunha pousada, onde le un vello tratado sobre vampiros que atopa na súa habitación. 
Unha vez no castelo, é recibido polo sinistro conde. Ao día seguinte, Hutter esperta con dúas pequenas marcas no pescozo e pensa que son picaduras de mosquito, ata que descobre que o conde é en realidade un vampiro...