Os días 11 e 12 de xullo celebrouse en Ribadeo a I Festa indiana, "Ribadeo Indiano, alén do tempo".
O obxectivo desta celebración é dar a coñecer as tradicións, construcións e doazóns que fixeron á vila aqueles que un día partiron cara Cuba, Arxentina, Venezuela ou Uruguay.
Para anunciar dito acontecemento e animar aos veciños a participar nel, presentouse un pequeno vídeo protagonizado polo alcalde Fernando Suárez e o presidente de Acisa, Roberto Ramos, entre outros.
Fotogramas do vídeo realizado por ElFarero |
Se queredes ver o vídeo só tedes que facer clic aquí e para coñecer máis detalles da festa indiana, podedes visitar a súa web.