lunes, 29 de septiembre de 2014

Os videoclubes que houbo en Ribadeo (Parte II)

Xa recordamos noutra ocasión algúns dos videoclubes que houbo en Ribadeo, pero ademais daqueles (o de Multitienda Teresa, Mundivideo, o do Garden e o do Portugués), na nosa vila houbo outros lugares nos que alugar DVDs:

O VIDEOCLUBE DOS DE CUÉTARA
Este videoclube, que xa pechou hai máis de 15 anos, estaba situado no local onde hoxe se atopa o Rockuncho, na rúa do Viejo Pancho.


No grupo de Facebook Non eres de Ribadeo si..., son varios os veciños que recordan este lugar:


(Se recordas o nome correcto deste videoclube, deixa un comentario para poder correxir a información)


CYBER VIDEO PLAY 
No Cantón, houbo durante algún tempo un pequeno cyber onde tamén se podían alugar DVDs.

Foto de cando o negocio ainda estaba aberto

Foto do lugar na actualidade