domingo, 14 de septiembre de 2014

Ribadeo e as curtas: Vino de moras

O pasado sábado 13, proxectouse no Teatro a curtametraxe Vino de moras, dirixida por Juan José Bors e na que participa Laura Fernández, veciña de Ribadeo.



Vino de moras (2014) Juan José Bors

Verán de 1982. Tere ensaia unha obra de teatro cun grupo de afeccionados: será Puck no "Soño dunha noite de verán". Andrea é a súa rival e están namoradas do mesmo rapaz: Rafa.
Ana Belén axuda a Andrea a elaborar un filtro amoroso, aínda que non está segura de conservar os seus "poderes" desde que ten a mestruación.
Alex, cómodo no seu papel de malo, négase a recoñecer que lle gusta Andrea.
Completan o grupo de amigos o torpe R2 (leal compañeiro de Alex), Pablo (o irmán pequeno de Rafa) e Tim, un can que parece saído das aventuras de Los Cinco.
Pero falta Dani, desaparecido misteriosamente despois de ser vítima dunha broma cruel dos seus amigos...

Foto: Facebook Vino de moras




E para saber máis sobre a curta, podedes visitar o seu perfil en Facebook.