lunes, 27 de octubre de 2014

Cinelandia, o único cine desde Ferrol ata Avilés

O pasado xoves 23 de outubro os Multicines A Mariña de Viveiro pecharon as súas portas por problemas de financiamento.

25/10/2014 (La Voz de Galicia)

Deste xeito, os Multicines Cinelandia de Ribadeo convértense nos únicos cines que hai desde Ferrol ata Avilés pola costa e cara ao interior, os máis cercanos son os de Lugo.



26/10/2014 (La Voz de Galicia)


27/10/2014 (El Progreso)

Aínda que desde hai uns anos, os de Viveiro eran, xunto cos de Ribadeo, os únicos cines que quedaban na zona, hai que recordar que ata hai un tempo, tamén había cine noutras localidades cercanas como Foz (Cine Pequenete), Burela (Cine Mon), etc.

29/05/2002 (La Voz de Galicia)
28/08/2006 (La Voz de Galicia)
26/10/2014 (La Voz de Galicia)

E se nos remontamos máis atrás, nos anos 30 e 40 había cines noutras vilas próximas como San Miguel de Reinante, A Pontenova, A Veiga ou Tapia, entre outras moitas. 

Se queres recordar os cines da zona nos anos 30, fai clic aquí e para lembrar os dos anos 40, pincha aquí.

1946