Un ano máis, os centros escolares de Ribadeo participarán no Cinensino, co que se pretende ensinar valores a través do cine.
Nesta edición, os alumnos do 1º ciclo da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, verán as películas El camino de vuelta, Diamantes negros e The Kings of Summer.
A primeira proxección será o 12 de decembro no cine Teatro.
El camino de vuelta (2013) Nat Faxon e Jim Rash
Duncan é un mozo de 14 anos que, durante un verán, tratará de reunir a forza que precisa para atoparse a si mesmo e de paso, recuperar a relación coa súa nai e enfrontarse ao seu padrastro, que bebe, consume drogas e sae con moitas mulleres.
Diamantes negros (2013) Miguel Alcantud
Tras ser captados en Mali por un olleador de fútbol, Amadou e Moussa abandonan o seu país, escapando da pobreza, e chegan a Madrid perseguindo o seu soño de triunfar como futbolistas. A xira que fan por España, Portugal e o norte de Europa, mostraralles as sombras do deporte rei.
The Kings of Summer (2013) Jordan Vogt - Roberts
Tres adolescentes: Joe, Patrick e o excéntrico Biaggio están fartos da sobreprotección dos seus pais e deciden independizarse e comezar unha vida salvaxe, sen adultos e á marxe da sociedade, segundo as súas propias normas e os seus principios.