jueves, 10 de diciembre de 2020

As cintas do Cine Teatro

Hai unhas semanas a concelleira de Cultura do Concello de Ribadeo, Pilar Otero, anunciou que algunhas cintas de celuloide que se atopaban no Cine Teatro serán reutilizadas como parte dun proxecto musical.



A intención é tratar as cintas con produtos químicos para convertelas en abstractas, obtendo unha imaxe diferente á orixinal. Deste xeito, os novos rolos pódense editar e proxectar acompañados de música. 


Ademais, a Iván Torres, encargado da manipulación das cintas, chamoulle a atención o bo estado no que se atopan os dous proxectores de 35 e 16mm, da marca Wassman, que se conservan no Cine Teatro.
Está previsto que se poida coñecer o resultado deste "experimento" na primavera ou no verán do ano 2021...