O pasado mes de novembro, a Agrupación Cultural Francisco Lanza organizou a proxección en Cines Ribadeo do documental Reboiras. Acción e corazón, dirixido por Alberte Mera, presente no posterior coloquio.
Reboiras. Acción e corazón lembra a figura de Xosé Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, nacionalista galego asasinado en 1975 pola policía da ditadura franquista.
O documental inclúe entrevistas, secuencias ficcionadas das últimas horas de Reboiras e tamén imaxes históricas de arquivo.
O documental inclúe entrevistas, secuencias ficcionadas das últimas horas de Reboiras e tamén imaxes históricas de arquivo.