Alfredo Vila López foi o arquitecto do Colón de Ribadeo, aínda que tamén deseñou outros cines da provincia, como o Salón Cinema de Ferreira do Valadouro, o Gran Teatro de Lugo, o Capitol de Melide e o Fraternal e o Capitol de Monforte de Lemos.
Nestas fotos pódese apreciar o enorme parecido que hai entre algúns destes edificios, especialmente entre os cines de Ribadeo e do Valadouro:
Salón Cinema de Ferreira do Valadouro e cine Colón de Ribadeo |
Cine Capitol de Melide e Gran Teatro de Lugo |
O Gran Teatro de Lugo foi construido nos anos 30 e derrubado a mediados dos 90. Pola contra, o Salón Cinema do
Valadouro, que estivo aberto desde
1945 ata 1979,
aínda permance en pé, aínda que está totalmente abandonado.
O cine Colón, como xa se indicou neste blog, inaugurouse o
21 de agosto de 1949 e estivo en funcionamento ata os anos 70.
Actualmente, consérvase o inmoble, pero en estado de abandono.
Podedes ver máis fotos do cine Colón na actualidade pinchando aquí.
Taquilla do Colón |
Alfredo Vila, que formou parte da plantilla da Deputación
como arquitecto, tamén deseñou outros edificios emblemáticos de Lugo, como por
exemplo, o sanatorio García Portela:
Sanatorio García Portela, en Lugo |
Alfredo Vila estudou na Escola de Arquitectura de Madrid,
onde coincidiu cos membros da chamada Xeración do 25.
O arquitecto, falecido en 1954, estivo casado con Gloria
Montero Losada, coa que tivo sete fillos: Alfredo Vilita, Luis, María
Gloria, José Manuel, Miguel, Ana María e Margarita.
Alfredo Vila López |