sábado, 21 de enero de 2012

O cine Colón

En 1947, Manuel de la Barrera Rodríguez foi autorizado pola Delegación de Industria para abrir un novo cine en Ribadeo: o Colón, situado na que na actualidade se coñece como a Praza de Abaixo:


22/08/1947 (Las Riberas del Eo)

O 7 de maio de 1948, o Concello de Ribadeo concedeulle a Manuel de la Barrera a licenza para construír dito cine nunha finca da súa propiedade:


29/05/1948 (Las Riberas del Eo)

O 21 de agosto de 1949, inaugurouse o Colón, coa proxección da película La barrera invisible (1947), de Elia Kazan:


20/08/1949 (Las Riberas del Eo)

O Colón, deseñado polo arquitecto Alfredo Vila, é un edificio de estilo art déco, no que destaca a súa gran fachada, que amosa liñas xeométricas e unha ventá en forma de ollo.


Foto: "Ribadeo, recuerdos de infancia", Amadeo Arango
(Outubro de 1949)
(Foto: Google)


Evolución do cine Colón

O Cine Colón, que comezara a funcionar en 1949, pechou as súas portas en 1973.

O inmoble estivo abandonado e en ruinas durante moitos anos, ata que en 2008, o Concello de Ribadeo ordenou levar a cabo certas reformas na súa fachada:



Detalle do letreiro luminoso
(Foto: Google)

En 2013, o Colón foi mercado por Paisajes de Asturias:


14/10/2013 (La Voz de Galicia)

Aquí podedes ver máis fotos do Colón na actualidade.