A fin de semana pasada proxectáronse no cine Teatro varias películas como parte da proposta cultural "Emigración. Cultura de partida, culturas de destino".
Segundo explicou a a concelleira de cultura, Pilar Otero, "botaremos unha ollada cinematográfica a tres países que foron obxecto de destino de migracións de galegos e galegas, por razóns económicas unha delas ou formando parte do exército outras."
O sábado ás 22.30h o país escollido foi México, coa proxección de Roma, do director Alfonso Cuarón.
O domingo a película escollida foi Los últimos de Filipinas, de Salvador Calvo.