Cines Ribadeo, pechado desde marzo de 2020 pola pandemia, anunciou onte que reabrirá este venres 16 de xullo.
O cine reabrirá coa proxección das películas Viuda negra, ¡A todo tren! Destino Asturias e Expediente Warren: Obligado por el demonio.
Para cumprir as medidas sanitarias contra o Covid as entradas estarán numeradas, poderán mercarse previamente a través de Internet e haberá separación entre os grupos de persoas.
Ademais, os horarios dunha das salas cambiarán para evitar aglomeracións nas entradas e nas saídas das sesións: na sala 1 manteñense os horarios anteriores: 18h, 20.30h e 23h, mentres que na sala 2 as proxeccións serán ás 17.30h, 20h e 22.30h.