O pasado 21 de agosto tivo lugar nas inmediacións do Parque e do Concello o tradicional concerto de música de cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
A Banda interpretou temas das películas Los Vengadores, Tarzán, El guardaespaldas, Regreso al futuro, Cabaret, Misión imposible, Ha nacido una estrella, Bohemian Rapsody, Rocky III e James Bond.O concerto rematou coas cancións I feel good e co tema principal de Barrio Sésamo.
Ao igual que en anos anteriores, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.