domingo, 19 de diciembre de 2021

As películas de Mujercitas nos cines de Ribadeo

Mujercitas é unha novela de Louisa May Alcott publicada en 1868 e que narra o paso da infancia á idade adulta das irmás March. Meg, Jo, Beth e Amy viven coa súa nai Marmee en Nova Inglaterra, mentres o seu pai está na guerra. Neses tempos convulsos, as irmás teñen que enfrontarse aos desafíos do día a día.


A novela foi levada ao cine en varias ocasións, entre as que destacan as seguintes 4 adaptacións:

1933/ LAS CUATRO HERMANITAS (George Cukor)

Esta foi a primeira adaptación sonora de Mujercitas e nela Katherine Hepburn interpreta a Jo, a máis rebelde e independente das catro irmás e que soña con ser escritora.

Esta película foi proxectada no cine Galaxia en 1936.

(1936)



1949/ MUJERCITAS (Mervyn LeRoy)

Esta versión da Metro Goldwyn Mayer rodada en tecnicolor foi un dos grandes taquillazos do ano.
Entre o seu reparto atópanse grandes estrelas da época como Elisabeth Taylor no papel da coqueta Amy e Janet Leigh no de Meg, a máis responsable das irmás March.

O filme proxectouse en varias ocasións nos cines de Ribadeo, tanto no Colón como no Teatro.

(1952)

(1971)



1994/ MUJERCITAS (Gillian Amstrong)

Esta adaptación da directora Gillian Amstrong estivo nominada a 3 Oscar.
Nesta ocasión hai que destacar a interpretación de Susan Sarandon como Marmee, que comparte pantalla con Winona Ryder como Jo, Kirsten Dunst como Amy e Christian Bale como o veciño Laurie, entre outros.

Seguramente esta película se proxectou no cine Teatro, pero polo momento non teño constancia disto.





2019/ MUJERCITAS (Greta Gerwing)

A versión máis recente da novela de Louisa May Alcott rompe a linealidade á hora de narrar a historia das irmás March, comezando a historia polo final e mostrando o resto a través de flashbacks. 
Saoirse Ronan, Florence Pugh, Emma Watson, Eliza Scanlen, Laura Dern e Timothée Chalamet compoñen o reparto da película, proxectada en Cines Ribadeo a principios de 2020.

(2020)