Poñer a árbore, escribir a carta aos Reis Magos, reunirse coa familia e os amigos, vestir xerseis horteras e comer turrón son algunhas das tradicións desta época do ano, ademais de ver películas de temática navideña.
Nesta entrada imos facer un repaso por algúns deses títulos que enchen as grellas de televisión estes días (e non, non falamos desas de Hallmark nas que ela vai de vermello, el de verde e nas que adiviñamos o final no minuto 3).
Ao lembrar clásicos navideños do cine é imposible non pensar en ¡Qué bello es vivir!, dirixida por Frank Capra e na que James Stewart interpreta a un modesto banqueiro que, sobrepasado pola situación do seu negocio, decide suicidarse en Noiteboa... ata que, cando está a punto de facelo, ocorre algo extraordinario.
¡Qué bello es vivir! proxectouse no cine Teatro en 1948:
Outro clásico do Nadal é o musical Navidades blancas, protagonizado por Bing Crosby e que se puido ver no Colón a principios de 1956.
Unha das características dos filmes de Nadal é que están pensados para ser vistos en familia e presentan historias emotivas que case sempre teñen un final feliz.
Este é o caso de películas como Elf e outros títulos que pasaron máis desapercibidos como Una Navidad de locos e La leyenda de Santa Claus, todas elas proxectadas en Cinelandia.
2004 |
2008 |
Por outra banda, tamén hai filmes que se centran máis na parte bíblica destas festas, especialmente en todo o relacionado cos Reis Magos de Oriente, que guiados pola estrela tratan de chegar ata o portal de Belén para ver ao neno Xesús.
Los Reyes Magos é unha cinta de animación española que se puido ver en Cinelandia en 2004:
Se o teu non son as luces de Nadal, as panxoliñas e o espíritu festivo destas datas, seguro que entenderás ao Grinch, personaxe literario infantil que foi levado á gran pantalla en dúas ocasións.
A primeira delas interpretado por Jim Carrey e a segunda nunha versión animada estreada en 2018.
2018 |
Hai outras películas que sen estar ambientadas ao 100% no Nadal conseguen converterse nun clásico destas datas, como é o caso de Harry Potter y la piedra filosofal, pero... quen non lembra o comedor de Hogwarts decorado para unha das últimas ceas do ano?
O mesmo pasa con Mujercitas, a novela de Louisa May Alcott levada ao cine en numerosas ocasións, como lembramos na entrada anterior deste blog.
Non hai versión na que non vexamos ás irmás March reunidas en torno á súa árbore, compartindo o almorzo de Nadal cos Hummel ou paseando pola neve.
Love actually entrelaza unha serie de pequenas historias que teñen lugar en Londres nos días previos ao Nadal. A pesar de estrearse en 2003, esta película inglesa xa forma parte indiscutiblemente da lista dos clásicos navideños.
Hugh Grant, Emma Thompson, Keira Knightley, Liam Neeson, Colin Firth e Rowan Atkinson, entre outros, conforman o reparto deste film, proxectado en Cinelandia en 2003.
2003 |