Un asunto privado é unha serie da produtora Bambú que se estreou en Amazon Prime Video en 2022 e que está protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno.
A serie está ambientada na Galicia dos anos 40 e foi rodada en distintas localizacións da nosa comunidade, como Vigo, as illas Cíes, Pontevedra, o mosteiro de Oia, Baiona, Tui, etc.
Ribadeo tamén está un pouquiño presente nun par de capítulos:
CAPÍTULO 1
Héctor, o mordomo, fai referencia ás "galerías Ribadeo" mentres analizan un tecido difícil de atopar e neste mesmo capítulo, os protagonistas visitan ditas galerías.
CAPÍTULO 5
Marina e Héctor viaxan en tren seguido a pista do asasino e durante o seu traxecto pasan polas Catedrais.