Mostrando entradas con la etiqueta amazon prime video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta amazon prime video. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de enero de 2023

Ribadeo en Un asunto privado

Un asunto privado é unha serie da produtora Bambú que se estreou en Amazon Prime Video en 2022 e que está protagonizada por Aura Garrido e Jean Reno.


Un asunto privado
presenta a Marina Quiroga, unha moza de clase alta con alma de detective, que trata de atrapar a un asasino en serie coa axuda do seu fiel mordomo, Héctor

A serie está ambientada na Galicia dos anos 40 e foi rodada en distintas localizacións da nosa comunidade, como Vigo, as illas Cíes, Pontevedra, o mosteiro de Oia, Baiona, Tui, etc.

Ribadeo tamén está un pouquiño presente nun par de capítulos:

CAPÍTULO 1

Héctor, o mordomo, fai referencia ás "galerías Ribadeo" mentres analizan un tecido difícil de atopar e neste mesmo capítulo, os protagonistas visitan ditas galerías.




CAPÍTULO 5

Marina e Héctor viaxan en tren seguido a pista do asasino e durante o seu traxecto pasan polas Catedrais



Ademais dito tren é o
Transcantábrico, no que se poden ver vidreiras coa Ponte dos Santos.