O venres 24 de marzo de 2023 ás 20.30h proxectouse na Casa do Viejo Pancho o documental "Camarada Fraga: memoria dun franquista".
O acto, organizado pola Asociación Cultural Francisco Lanza, estivo presentado por María Luisa Mon Bellón e contou coa participación de Manuel Monge, guionista do documental e membro da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
"Camarada Fraga: memoria dun franquista" mostra a cara B de Manuel Fraga, Ministro de Información e Turismo durante o franquismo e posteriormente Presidente da Xunta de Galicia, analizando o seu papel como membro activo da ditadura.