miércoles, 6 de diciembre de 2023

Ribadeo e o cine: MATRIA

O venres 24 de novembro proxectouse no Auditorio Hernán Naval a película Matria, dirixida por Álvaro Gago e protagonizada por María Vázquez.


Pola mañá celebráronse
dous pases para os centros de ensino, seguidos dun coloquio co director, e ás 20.30h outro para o público xeral, coa entrada a 3€.

Álvaro Gago no coloquio co alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

As proxeccións formaron parte das actividades programadas con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



Esta non foi a primeira vez que se puido ver Matria en Ribadeo, xa que o filme estivera na carteleira de Cines Ribadeo do 24 ao 30 de marzo de 2023.


Matria
presenta a historia de Ramona, unha muller cun matrimonio infeliz que ten un traballo precario nunha conserveira. Ante dita situación e os desafíos da rutina diaria, Ramona refúxiase na relación que mantén coa súa filla e a súa neta.

Hai que destacar que Matria conta con dúas nominacións aos Goya 2024: a de mellor actriz para María Vázquez e a de mellor dirección novel de Álvaro Gago.