martes, 28 de abril de 2015

Artigos de cine: "Charla en la Escuela de Idiomas de Ribadeo"

O pasado xoves 23 de abril, a Escola de Idiomas acolleu unha charla de Dimas G. Bennet sobre a figura do film commissioner, como se explica neste artigo de La Comarca del Eo:

25/04/2015 (La Comarca del Eo)

lunes, 27 de abril de 2015

Unha foto do Colón no Breoghán

Desde o pasado mes de marzo, todos os que se acheguen a tomar algo ao Breoghán poden ver nunha das súas paredes unha foto das letras do Cine Colón, feita por F.P. Xuya:

Pinchar na imaxe para vela en grande
(Foto: Facebook Breoghán)

Pinchar na imaxe para vela en grande


letreiro luminoso que se atopaba na fachada do Colón foi retirado en 2008 debido ao seu mal estado:

miércoles, 22 de abril de 2015

Anos 30: Obras no Teatro

En 1844, o Concello de Ribadeo cedeu o uso da Casa Fábrica á Sociedade Filantrópico Dramática, creada en 1935, para convertela en teatro.
Ao longo da súa historia, o Teatro sufriu numerosas reformas, como a que se fixo a mediados dos anos 30, antes de que o edificio funcionase como sala de proxección.
Nos seguintes artigos da prensa local, pódese ver como a aprobación de ditas obras causou bastante polémica na vila:

23/06/1934 (Las Riberas del Eo)

07/07/1934 (Las Riberas del Eo)

07/07/1934 (Las Riberas del Eo)

En novembro de 1934, concedéuselle á Sociedade Filantrópico Dramática a licenza para as obras no Teatro:

03/11/1934 (Las Riberas del Eo)

08/12/1934 (Las Riberas del Eo)

Para coñecer máis información sobre o cine Teatro fai clic aquí.


miércoles, 8 de abril de 2015

Documentais en "40 anos de represión e resistencia"

Desde mañá, xoves 9 de abril, ata o día 30, poderase visitar en Ribadeo a exposición 40 anos de represión e resistencia, que a través de numerosos documentos e utensilios pretende mostrar como se levou a cabo a resistencia durante a ditadura franquista.


Ademais, da mostra, ao longo de todo o mes haberá conferencias e proxectaranse dous documentais: A volta dos nove e O Piloto:

A volta dos nove (2014) Antón Caeiro



O Piloto (2015) Xosé Reigosa


viernes, 27 de marzo de 2015

Romy Schneider nos cines ribadenses

Ademais da triloxía de Sissi, nos cines de Ribadeo proxectáronse outras películas protagonizadas pola actriz Romy Schneider.




La panadera y el emperador (1955) Ernst Marischka 

07/09/1957
12/12/1959

Sissi (1955) Ernst Marischka

21/06/1958

El destino de Sissi (1957) Ernst Marischka

08/07/1962

La bella mentirosa (1959) Axel von Ambesser

03/11/1962


Nos cines das vilas veciñas, como no Teatro Imperial da Veiga, tamén poñían películas de Romy Schneider:

El cardenal (1963) Otto Preminger

15/04/1967 

miércoles, 25 de marzo de 2015

Películas dos Oscar 2015 en Cinelandia

O pasado 22 de febreiro celebrouse a 87 edición dos premios Oscar e algúns dos filmes nominados pasaron nos últimos meses polas pantallas de Cinelandia.



Unha desas películas foi Birdman, dirixida por Alejandro González Iñárritu e gañadora do Oscar á mellor película:

30/01/2015 (La Voz de Galicia)

Big Hero 6, gañadora do Oscar á mellor película de animación, tamén se proxectou en Cinelandia:

19/12/2014 (La Voz de Galicia)

Outras das películas nominadas aos Oscar que se viron en Ribadeo foron:

Los Boxtrolls e Como entrenar a tu dragón 2, nominadas ao Oscar á mellor película de animación.

08/11/2014 (La Voz de Galicia)
17/08/2014 (La Voz de Galicia)

El francotirador, nominada a mellor película, mellor actor (Bradley Cooper), mellor guión adaptado, mellor montaxe, mellor edición de son e mellor mestura de son.

06/03/2015 (La Voz de Galicia)

Relatos salvajes, nominada a mellor película de fala non inglesa.

28/11/2014 (La Voz de Galicia)

Maléfica, nominada a mellor vestiario.

09/05/2014 (La Voz de Galicia)

Capitán América: El soldado de invierno, El amanecer del planeta de los simios, X-Men: Días del futuro pasado, Guardianes de la Galaxia e Interstellar, nominadas ao Oscar polos mellores efectos visuais. 

01/04/2014 (La Voz de Galicia)
19/07/2014 (La Voz de Galicia)
09/06/2014 (La Voz de Galicia)
17/08/2014 (La Voz de Galicia)

Interstellar, ademais de estar nominada ao Oscar polos mellores efectos visuais, contou con outras catro nominacións: mellor edición de son, mellor deseño de produción, mellor mezcla de son e mellor banda sonora.

10/11/2014 (La Voz de Galicia)

Invencible, nominada a mellor fotografía, mellor edición de son e mellor mezcla de son.

22/01/2015 (La Voz de Galicia)

El Hobbit: La batalla de los cinco ejércitos, nominada a mellor edición de son.

07/01/2014 (La Voz de Galicia)


Ao analizar a carteleira de Cinelandia, chama a atención comprobar que a única categoría dos Oscar da que proxectaron todas as películas nominadas foi a de mellores efectos visuais, mentres que non se puido ver case ningunha das películas que optaban a mellor película, como por exemplo, Boyhood, de Richard Linkater.



viernes, 20 de marzo de 2015

Ribadeo e o cine: POR QUE NON CANTADES TODAS

O pasado domingo 15 de marzo e como parte da programación conmemorativa do Día Internacional da Muller Traballadora, proxectouse no Cine Teatro o documental Por que non cantades todas, dirixido por Diana Toucedo e producido por Trespés Cooperativa Galega.



O documental amosa a relación coa música dun grupo de mulleres de Zobra, na serra do Candán (Pontevedra), durante o transcurso das súas vidas e mostra os contextos nos que a música estaba presente.

09/03/2015 (La Voz de Galicia)

13/03/2015 (La Voz de Galicia)

Para ver o tráiler de Por que non cantades todas, fai clic aquí.