O 22 de xaneiro de 2008, tivo lugar nos cines Cinelandia a proxección de Pradolongo.
Posteriormente, Rubén Riós, un dos protagonistas do filme, mantivo un coloquio con alumnos dos institutos de Ribadeo. O encontro celebrouse no salón de actos do IES Dionisio Gamallo Fierros:
Rubén Riós duranto o coloquio |
Uns meses máis tarde, en agosto de 2008, Pradolongo volveu a exhibirse na vila, no marco do Festival ON
& OFF. Nesta ocasión, proxectouse nunha pantalla ao aire libre colocada no Cantón:
01/08/2008 (El Progreso) |
SINOPSE: Pradolongo (Ignacio Vilar, 2007)
Raquel, Martiño e Armando, interpretados por Tamara Canosa, Rubén Riós e Roberto Porto, son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais: con festas, tardes no río... pero esta vez nada vai ser igual.
O amor que os dous mozos comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á pizarreira do pai de Armando, de Pradolongo, un prado da familia de Martiño, obrígaos a reconsiderar os seus soños e os vínculos que os mantiveran unidos desde a infancia.
TRAILER: