jueves, 24 de mayo de 2012

1938: Peche do Galaxia

Segundo os datos obtidos ata o momento, o último anuncio publicado dunha proxección no Galaxia é o seguinte:

29/01/1938 (Las Riberas del Eo)

Seguramente, esta non fose a derradeira película exhibida neste cine, pero ata o de agora é a última da que teño constancia.

Polo tanto, pódese afirmar que o Galaxia, o primeiro cine que houbo en Ribadeo, estivo en funcionamento desde 1935 ata 1938. A partir deste ano, os ribadenses tiveron que conformarse coa oferta do cine Teatro e esperar ata os anos 40 para que, coa apertura do Colón, a vila volvese ter dous cines.


El acorazado misterioso (1935) Edward Sedgwick

O tenente Tom Randolph ten que transportar no seu barco un dispositivo de control de voo que supoñerá un gran avance nas guerras navais.
No proceso de entrega do aparello, prodúcese un asasinato. Nese momento, todos os tripulantes se converten en sospeitosos de espionaxe e da morte do home. 
Tras un segundo asasinato, Randolph decide investigar pola súa conta para evitar máis crimes e poder realizar a entrega do dispositivo con éxito.