O xoves 5 de maio de 2011, coincidindo co Ribadeo de Tapeo, proxectouse no cine Teatro a película 18 comidas, dirixida por Jorge Coira.
SINOPSE: 18 comidas (Jorge Coira, 2010)
Un músico de rúa que hai tempo perdeu a súa oportunidade para ser feliz. Unha muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa. Un macedonio perdido en Santiago de Compostela. Dous amigos que non durmiron e que queren seguir borrachos o que queda de día. Un home que espera o seu amor. Dous homes que se queren. Un home que non sabe que o seu irmán quere outro home.
Unha convidada á comida equivocada. Unha rapaza que quere máis do que recibe. Un home que non pode dar todo o que esa rapaza lle pide. Un mozo, no día do seu aniversario, que morrería para que llo pedise a el. Dúas irmás incomodadas porque unha delas quere ser cantante. Un pai e un fillo que buscan cantante para a súa orquestra. Dous velliños que comen xuntos e en silencio...
24 personaxes... 6 historias... 18 comidas.
TRAILER:
Para coñecer máis detalles sobre a película, podedes visitar a súa páxina web: