miércoles, 26 de septiembre de 2012

Ribadeo nas curtas: A toda mecha 2006

Ribadeo serviu como escenario de curtametraxes en numerosas ocasións, como por exemplo, na II edición do ON&OFF 2006, coa celebración do I Certame A toda mecha.
Este consistiu en realizar unha curta gravada en Ribadeo en tan só 3 días, durante o transcurso do festival.
As pezas resultantes, que se exhibiron na gala de clausura, foron:

HISTORIA DO CINE TEATRO
Como din os irmáns Prada, directores desta curta, “todas as persoas de Ribadeo coñecen o Cine Teatro. Pero cada unha ten a súa propia historia”. Historia do Cine Teatro, gañadora do Misto de Pau, móstranos algunhas desas historias.


O QUE A AMIZADE SE LEVOU
A curta dirixida por Borja Pardo transcorre no interior do castelo de San Damián.


A VER HO, ESPABILA
Na peza de Joao Rodicio, gravada na Praza de Abaixo, pódese ver o cine Colón antes de que pintasen a súa fachada.


ASALTO AO CASTILLO DE SAN DAMIÁN
Esta curta, rodada na zona do faro e do castelo de San Damián, está dirixida por Isma Teijeiro.


CHEGADA MASIVA DE VIDEOCREADORES
No “especial informativo” de Verónica Remaller e Mariña Casais, pódense ver a moitos dos participantes do Festival ON&OFF 2006.


EL ATREVIMIENTO DE JOHN CARRACK
A curta de Juan de Oliveira ten como escenario principal o porto deportivo de Porcillán.


HEISSEL: COMO SE FIXO O MISTURA SOUND 2006
Making of do Mistura Sound 2006 dirixido por Xabi Lomba e con música de Heissel.


TOXIC GIRL
Este videoclip con música de The Homens, está protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga e dirixido por Jacobo Paz.