GEORGE SHERMAN (1908 – 1991)
Tras traballar como mozo do correo na
Warner e como asistente de dirección, ascendeu a director.
Ao longo da súa carreira dirixiu
numerosas películas de acción e westerns de serie B, como Orgullo de comanche
(1950), El piel roja (1951), La isla de los corsarios (1952) e Asalto al fuerte
Clark (1953).
Tan só conta con dúas películas
consideradas de serie A: Los comancheros (1961), protagonizada por John Wayne e
da que Sherman foi productor, e El gran Jack (1971), da que foi director.
Tamén realizou episodios de series de televisión
como Los tres mosqueteros (1936), Látigo (1959), etc.
Como curiosidade, hai que dicir que
dirixiu a Marisol en Búsqueme a esa chica (1964) e en La nueva Cenicienta
(1964).
John Wayne, Marisol, Antonio el Bailarín e George Sherman |
JEAN NEGULESCO (1900 – 1993)
Aínda que comezou no cine como decorador de
escenarios e artista de sketches, Negulesco destaca polo seu traballo como
director, guionista e productor.
Entre as súas películas atópanse: Belinda
(1948), pola que foi nominado ao Oscar a mellor director; Como casarse con un
millonario (1953), protagonizada por Lauren Bacall e Marilyn Monroe; El parador
del camino (1948), Regresaron tres (1950), El hundimiento del Titanic (1953),
Papá piernas largas (1955), con Fred Astaire; e La sirena y el delfín (1957),
entre outras.
Jean Negulesco morreu aos 93 anos en
Marbella a causa dun ataque ao corazón.
Marilyn Monroe e Jean Negulesco |