Desde o ano 2010 celébrase en Ribadeo o
concurso de guións cinematográficos Cine nas aulas para a promoción da
igualdade, que forma parte da campaña Un futuro para compartir en igualdade.
Nel poden participar os alumnos da ESO
dos centros educativos da vila e o primeiro premio consiste na gravación da
curta gañadora.
As obras están protagonizadas polo
propio alumnado e os seus profesores, aínda que tamén contan coa colaboración
doutros rapaces.
As curtas realizadas ata o momento son:
2010:
A PRINCESA QUE QUERÍA SER MULLER
4º de ESO do IES Dionisio Gamallo
Fierros
2011:
A XENIA DO FÚTBOL E A ARTE DE FABIO
3º de ESO do IES Dionisio Gamallo
Fierros
2012:
OS TEMPOS CAMBIAN E AS PERSOAS TAMÉN
3º de ESO do IES Dionisio Gamallo
Fierros