En abril de 1950 estreouse no cine Colón a superprodución Juana de Arco, protagonizada por Ingrid Bergman, e en Las Riberas del Eo publicáronse os seguintes artigos:
22/04/1950 (Las Riberas del Eo) |
29/04/1950 (Las Riberas del Eo) |
22/04/1950 (Las Riberas del Eo) |
Xoana de Arco, a Doncela de Orleans, foi unha moza profundamente relixiosa que viviu durante a Guerra dos Cen Anos, na que se enfrentaron Francia e Inglaterra.
Completamente convencida de que Deus lle encomendara a misión de expulsar aos ingleses e de salvar Francia, visita ao Delfín, o futuro Carlos VII e consegue que lle proporcione tropas para levantar o sitio de Orleans.