jueves, 31 de enero de 2013

Os inicios do cine Colón

Repasando a prensa de 1947, atopei o seguinte artigo, no que se informa de que Don Manuel de la Barrera Rodríguez foi autorizado para abrir un novo cine en Ribadeo:

22/08/1947 (Las Riberas del Eo)

Este cine ao que fai referencia, situado na Praza de Calvo Sotelo (actualmente chamada Praza de Abaixo) é o Colón.

Ao ano seguinte, o 7 de maio de 1948, celebrouse unha sesión no Concello na que se lle concede a Manuel de la Barrera a licenza para "construír un cine na finca da súa propiedade, situada no número 4 da Praza Calvo Sotelo":


29/05/1948 (Las Riberas del Eo)
Haberá que agardar ata agosto de 1949 para que o cine Colón abra as súas portas ao público.