Esta
película está dirixida por dúas figuras clave para o cine musical de Hollywood:
Stanley Donen e Gene Kelly:
Gene Kelly e Stanley Donen |
STANLEY
DONEN (1924 -)
Foi
un bailarín, coreógrafo e director de cine estadounidense.
Comezou
a traballar en Hollywood da man de Gene Kelly, que lle ofreceu ser o seu
asistente despois de coñecelo no musical de Broadway Pal Joey.
Xunto
con Gene Kelly, dirixiu Un día en Nueva York (1949) e Cantando bajo la lluvia
(1952).
Tamén
realizou outras comedia musicais como Tres chicas con suerte (1953), Siete
novias para siete hermanos (1954) e Funny Face (1957).
Ademais,
na súa filmografía destacan Charada (1963) e Dos en la carretera (1967),
protagonizadas por Audrey Hepburn.
Un día en Nueva York (1949) |
GENE
KELLY (1912
– 1996)
Foi
un actor, cantante, bailarín, coreógrafo e director estadounidense.
Despois
de traballar como profesor na academia de baile da súa familia, Gene Kelly
trasládase a Nueva York para protagonizar o musical Pal Joey, onde coñece a
Stanley Donen.
A
súa carreira en Hollywood comezou coa película Por mi chica y por mi (1942),
que protagonizou con Judy Garland e que o lanzou ao estrelato.
Tras
alistarse no exército norteamericano para combater na II Guerra Mundial, volveu
ao mundo do cine, con películas como Levando anclas (1945), con Frank Sinatra, Los tres mosqueteros
(1948), Un americano en París (1951), etc.
Ademais,
codirixirou con Stanley Donen Un día en Nueva York (1949) e Cantando bajo la
lluvia (1952), protagonizadas polo propio Kelly.
A
partir dos anos 60, seguiu dirixindo películas como Hello, Dolly (1969) ou El
club social de Cheyenne (1970). A súa última aparición nun filme musical foi en
Xanadú (1980), bailando con Olivia Newton-John.
Gene Kelly en Cantando bajo la lluvia (1952) |